Cartel do FaCeLa Fest 2026

6, 7, 8 e 9 de Maio - 2026

Cartel do Facela Fest 2026 - Festival de Música Independente de Lugo

Temples

Inglaterra

Temples é unha desas bandas que definen un son, o chamado neopsicodelia, con ecos aos Beatles e a todas esas bandas dos 60 ás que o pop e o rock lles quedaba pequeno e precisaban experimentar. Hipnóticos! Envolventes! E absolutamente adictivos!

Hot Motion

Sábado, 9 de maio

Triángulo de Amor Bizarro

Boiro

Se falamos destes últimos 20 anos non hai banda máis imprescindible ca eles neste pais: a traxectoria máis especial, íntegra e diferente. Post-punk, noise, rock alternativo e pop de alto voltaxe. E un directo... buff! Implacable!

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Triángulo de Amor Bizarro
Sacrificio

Sábado, 9 de maio

Australian Blonde

Asturias

Pioneiros de toda esa música que a día de hoxe se lle chama indie, sonido Xixón Sound, banda capital da escena independiente que mesmo chegou a coar o seu "Chup chup" no mainstream estatal alá polos 90.

Venres, 8 de maio

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Shego

Shego

Madrid

Punk-pop, guitarreo eléctrico, berros cheos de forza e letras transgresoras que non deixan indiferente. Frescura, rebeldía e moita actitude. O futuro son elas e xa está aquí!

Sábado, 9 de maio
Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Ripship

Ripship

Nova Zelandia

Dúo de sci-fi psych-rock que constrúe un directo atronador. As súas cancións funcionan como viaxes sonoras cheas de contrastes —entre hooks pegadizos, ritmos polirrítmicos e guitarras que ruxen e brillan— acompañadas de letras en espiral. Na sua primeira vez por Europa, estarán en Lugo.

XOVES, 7 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Bernal

Bernal

Valencia

Bernal desenvolve un son que mestura o Post-Midwest Pop —na liña de American Football ou Death Cab for Cutie— con sensibilidades do indie estatal como Los Planetas ou Viva Belgrado. Letras introspectivas e intensas que achegan profundidade emocional e apuntan a unha reinterpretación propia dese son.

SÁBADO, 9 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Axolotes Mexicanos

Axolotes Mexicanos

Asturias - Madrid

Pop desenfadado e moi pegadizo que mestura twee, punk e referencias constantes á cultura pop, ao manga e ao cotián. Converten o aparentemente naif en himnos xeracionais cargados de ironía e tenrura. Con membros de Carolina Durante e coa mellor das frontwomen, Olaya Pedrayes, que te deixarán con "Cara de Idiota".

SÁBADO, 9 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Los Palms

Los Palms

Australia

Los Palms crean o que eles chaman Desert Jangle, un son hipnótico que mestura psych rock, surf e garage. Unha conexión entre o deserto australiano e a psicodelia máis crúa, nunha sonoridade intensa e envolvente. Identidade única que bebe do pasado sen perder frescura e que os consolida na escena internacional do psych rock.

VENRES, 8 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Pacifica

Pacifica

Arxentina

“Somos como The Strokes, pero coa actitude das Spice Girls”, autodefínese este dúo que pasou das “covers de dormitorio” ao seu primeiro álbum en 2022. Desde entón, son imparables: coa súa garra e descaro conquistan o escenario. É indie rock alternativo en estado puro, mais 'apacificado'.

VENRES, 8 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Toldos Verdes

Toldos Verdes

Madrid

Coa súa mestura de indie rock, contaxiosos ritmos bailables, pop, romanticismo e ironía, Toldos Verdes está a conquistar o público e a deixar unha forte pegada no panorama musical estatal.

SÁBADO, 9 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Sigilu

Sigilu

Lugo

Rock alternativo que combina densidade e sofisticación. Unha banda que evoluciona desde o folk á electrónica e á psicodelia, até consolidarse no rock progresivo contemporáneo. Mesturan riffs potentes con pasaxes cinematográficas e letras que reflexionan sobre a identidade, mostrando ser unha banda ambiciosa e madura.

VENRES, 8 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Error 97

Error 97

Madrid

Unha explosión de punk que transforma rabia, medos e desexos en cancións directas e sen filtros, mostrando unha visión propia e actual da xuventude. Con menos de 25 anos derruban portas con enerxía primitiva e carisma arrebatador, probando que a forza do punk segue viva nas novas xeracións.

SÁBADO, 9 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Filophóbicas

Filophóbicas

Lugo

Banda de rock-punk, de marcada temática social e coa retranca por bandeira. Non fan cancións de amor romántico, nin versións, nin bises: o que si fan é usar a nosa lingua para afiar a pedra das necesitadas.

SÁBADO, 9 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Fotocopia

Fotocopia

Ourense

Fotocopia é un proxecto que se move entre o visceral e o desconcertante, cun directo intenso que provoca reaccións tan distintas como fascinación, incomodidade ou emoción profunda. Unha proposta experimental e arriscada que non deixa indiferente a ninguén.

VENRES, 8 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Sapo Bufo

Sapo Bufo

Barcelona - Portomarín

Banda de pop-rock que irrompe no panorama musical cun estilo propio, atrevido e vibrante. Os seus sons envolventes van teletransportarte desde a súa habitación 503 directamente á pista de baile.

SÁBADO, 9 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Las Yhadys

Las Yhadys

Santander

Las Yhadys é un dúo de indie-pop que combina melancolía, tensión post-punk e enerxía synth en cancións intensas e pegadizas que cobran especial forza en directo. Un concerto especial, nun espazo especial: o FaCeLa Bar.

MÉRCORES, 6 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - The Foolans

The Foolans

Lugo

Unha descarga eléctrica saída do subsolo lucense: guitarras afiadas, pulsión punk e unha actitude que non pide permiso. A súa música respira urxencia e verdade. The Foolans non veñen a agradar, veñen abanear os alicerces do FaCeLa Fest.

VENRES, 8 DE MAIO

Festival de Música en Lugo - Facela Fest 2025 - Aeronave Adolescente

Aeronave Adolescente

Culleredo

Indie-rock e lo-fi. en Temas que reflicten angustias, emocións xeracionais e incertezas, con letras confesionais e atmosferas envolventes. A súa ética DIY (faino ti mesmo), así como as guitarras afiadas, capturan a intensidade e confusión da mocidade actual.

XOVES, 7 DE MAIO

Vente xa!

 

Facela Fest bandas