
PRESENTA: LAS HISTORIAS DETRÁS DE LAS CANCIONES
Mad Foxes (Nantes)
Concertos no Clavi
Non hai nada mellor que facer cousas con amigos!
Este domingo ás 20h (puntualidade británica) imos co último concerto da tempada. Mad Foxes veñen desde Nantes (A Bretaña) cun directo cheo de enerxía. Inspirados por bandas como Idles e Fontaines D.C, a banda xoga con influencias do post-punk e o grunge dos 90.
Unha bandaza co selo da emisora KEXP. Presentan o seu último EP, Tenderness, e chegan a Galicia dentro dunha xira organizada no marco do 20º aniversario dos amigos do Festival Arteficial. Esta data no Club Clavicembalo facémola acompañados das tamén amigas d'A Seara.
Entradas na billeteira do Clavi e anticipadas en Ingresse.



Facela Fest 2025

Facela Fest 2024

