Festival de Música Independente
FaCeLa
Fest 2025
The Undertones
Pioneiros dos sons punk e power pop, a influencia de The Undertones transcendeu xeracións: dende The Clash e Buzzcocks ata Green Day, Blink-182 e The Offspring. O debut da banda foi en 1978 con “Teenage Kicks”, unha canción que foi descrita polo lexendario DJ John Peel como “a canción perfecta”. Pódela escoitar aquí ao lado… e en directo en Lugo no Facela Fest.
Christina Rosenvinge
Aterran no Facela Fest 2025 a voz íntima e as letras afiadas dunha veterana da escena ibérica. A súa música é un diálogo entre o fráxil e o contundente, mesturando con mestría indie, folk e electrónica. Unha artista sen etiquetas e creadora de atmosferas que penetrarán a túa pel e ficarán na túa alma durante infinitos eóns por vir e máis alá.
Grande Amore
Electrónica orgánica, guitarras que berran, e moito amore no aire. Un concerto de saudade cósmica ao que saltar sen rede. Do Premio MIN a Mellor álbum en galego 2024, a súa discográfica di que “non é o que mellor canta, non é o que mellor toca, non é o que mellor baila… mais si o más ruidoso”. Xa sabedes, Grande Amore: “ni canta ni baila, no se la pierdan”.
VVV [Trippin'you]
“Toda la puta vida igual!, retrousan os VVV [Trippin’you] no evocativo tema Zugzwang (tedes un sample aquí ao lado), un termo xermano usado no xadrez para definir —máis ou menos— a “obriga de mover peza, aínda que sexa para peor”. Nós estamos convencidos de que no concerto deste mediocre e agresivo trío madrileño habedes mover todo o taboleiro sen obriga ningunha.
Entradas Facela Fest 2025
Abono 3 días = 40€
Abono Xoven = 20€
(menores de 25 anos)
Estamos a quecer máquinas, preparando xa un cartel imbatible para a novena edición, o FaCeLa Fest 2025, un festival único na súa especie: o máis exquisito da música independente para o máis fiel público da escea galega. Bandas internacionais como nunca antes as puideches ver: a tiro de bico, a un guichar de ollo… Get on your dancing shoes, pon Lugo no GPS e déixate intoxicar polo veleno sonoro do FaCeLa Fest!
Escenarios
Xoves, 8 de maio 2025
Club Clavicémbalo. 22:00h
Venres, 9 / Sábado, 10
Exterior Auditorio Gustavo Freire. 19:30h
O Facela Fest 2025 inaugúrase o xoves, 8 de maio, ás 22.00 horas. Será na casa común do mundo sonoro lucense: o histórico Club Clavicembalo. O venres e o sábado, trasladámonos aos exteriores do Auditorio Gustavo Freire: un lugar cómodo, con facilildade para aparcar e múltiples baños interiores… En definitiva, o mellor sitio para gozar da mellor música independente internacional. Sen máis preocupacións!
Google Maps:
Foodtrucks
Contamos co mellor carburante para que bailes durante toda a fin de semana. Os Cachivaches traerá os mellores arroces e Il Farabutto pizzas para todos os gustos (tamén para os que comen carne). Como era o dito? … E para comer, Lugo! Pois iso, do Facela non vas marchar con fame.
Bar
Mahou é un dos nosos patrocinadores, así que cervexa non vai faltar. Mais tamén teremos outras bebidas alcólicas e non alcólicas de varias marcas a prezos terreais. E o mellor de todo, servidas polos camareiros máis véloces, solícitos e simpáticos de todo o país e parte do estranxeiro.
Cashless (Woutick)
Paga coa Pulseira Cashless (Woutick) que che entregamos coa túa entrada ao recinto. Despreocúpate de billetes e moedas, recárgaa coa cantidade de euros que precises… e se che sobran, recupéralos facilmente ao rematar o FaCeLa… ou, ejem ejem, se queres, non €€€ → Todo suma para seguir independentes!