Cartel do FF8
11, 12, 13 de Maio - 2024
Los Enemigos
Potentes guitarras para harmonías sutís: o seu último disco ata hoxe —agardemos que non o derradeiro—transita dende o power-pop até o punk rock. Los Enemigos… Los Enemigos! Pouco máis se pode dicir dunha banda que é historia viva do rock ibérico.
Sábado, 11 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Micah P. Hinson
O artista de Memphis, Micah P. Hinson (americana, folk), non puido estar en Lugo o ano pasado por problemas persoais. Musicalmente, comparárono con artistas como Tom Waits ou Nick Cave, mais el di sentirse próximo a Elliott Smith ou Iron & Wine e ter medrado escoitando My Bloody Valentine ou Pixies.
Venres, 10 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Josh Rouse
Coa alma entre Nebraska (terra que o viu nacer) e Tennesse (terra que o adoptou), pasou a súa nenez percorrendo os EE.UU (novas cidades, novos colexios, novos amigos…), sempre coa música como fiel compañeira de viaxe. O folk-pop intimista de Josh Rouse ten a capacidade máxica de cautivar mesmo os corazóns máis cínicos e calosos.
Sábado, 11 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Lisabö
Chegan co seu formato doble trío —dúas baterías, dous baixos e dúas guitarras— presentando o seu sexto disco Lorategi izoztuan hezur huts bilakatu arte. Lisabö, máis de 25 anos de post-hardcore dunha intensidade brutal que se che mete baixo a pel; con textura e intención, mais tamén cunha gran delicadeza.
Sábado, 11 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Pablo Und Destruktion
Un artista que xa é parte da historia de Facela. Este ano chega a Lugo coincidindo co décimo aniversario de Sangrín, nunha das poucas datas de celebración deste seu mitiquísimo disco. Virá acompañado da banda coa que daquela tocaba en directo: Tribu del Trueno.
Venres, 10 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Florent y yo
Guitarrista de Los Planetas dende hai tres décadas, Florent Muñoz chega a Lugo cun novo proxecto, Florent y yo. Vén presentando as cancións dun primero LP onde confirma todas as súas virtudes e destápase como compositor e cantante. Estréase en Galicia e escolleu o Facela Fest para adiantarnos os seus sons con ecos de Stereolab ou The Jesus and Mary Chain.
Venres, 10 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Aiko el grupo
Pop punk a toda velocidade e con rabia, mais melódico; letras intelixentes, inxeniosas, mais cunha boa dose de mala hostia. Son Aiko el grupo, unha das bandas mais divertidas que deu a música independiente estatal nos últimos anos, e que estarán en Lugo para presentaren o seu último LP: Me están apuntando con un arma.
Sábado, 11 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Parade
Universos por imaxinar, galaxias enchidas de seres fascinantes… e unha soidade latente, ingrediente esencial da nosa humanidade. Todo iso é o que evocan os sons de Parade, o nome artístico do profesor de música murciano Antonio Galvañ. Un auténtico artesán do pop, que na súa primeira viaxe a Galicia bautizará no Facela Fest o seu último álbum —o úndécimo xa—: Mares poco profundos.
Sábado, 11 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Sunfruits
Dende Melbourne chega Sunfruits, banda que se move entre o pop psicodélico dos 60′ e o rock dos 70′. As súas letras inciden na problemática ambiental, algo que lles valeu ser galardoados co prestixioso Enviromental Music Prize 2023. Despois de varios singles e EPs chegan ao Facela Fest para presentarnos One Degree, o seu primero LP, que coma os seus festivos directos, tan boas críticas está a recibir.
Venres, 10 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Alarido
“Déjame comerte el Totodile; quiero ser tu Dragonite”, cantan Alarido —anteriormente coñecidos como Alarido Mongólico— no seu último single, “Te Elijo a Ti”. Macarras e doces, grotescos e alucinados, perversos e amorosos, esta parella xa puxo Lugo a bailar na última visita ao Clavi… Mentres agardamos polo seu regreso, analiza a pregunta existencial que nos deixan: “¿Que clase de Pokémon eres tú?”.
Sábado, 11 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Las Tropigóticas
A metade panameña é Sol, a metade galega Natalia. Xuntas son Las Tropigóticas, dúo inspirado no cine made in Caliwood dos colombianos Carlos Mayolo e Luis Ospina: o “gótico tropical”. Unha estética fantástica e vampírica con sabor a chicha morada que trasladan aos seus temas: un furacán de garaxe punk primitivo.
Xoves, 9 de maio
Club Clavicémbalo
Beach Avenue
Os seus son temas inspirados polas vibracións melancólicas do grunge, a enerxía crúa do punk e a innovación sonora do nu metal. Poderían ser un grupo do Seattle dos 90′, mais Iago, Iñaki e Lois son de Lugo, non fixeron os 20 anos e uníronse en 2023. E teñen un LP, “GRiT”, un directo brutal e un futuro atronador.
Sábado, 11 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Auto Sacramental
Auto Sacramental é o proxecto de Jorge Mills. Con influencias do synth-pop ou do postpunk e letras cheas de ironía e sátira política. Acompáñano no directo Beta e mais Pedro para crearen esa atmosfera cargada de sintes e guitarras afiadas, de ritmo frenético, onde o baile será a única posibilidade de salvación.
Venres, 10 de maio
Auditorio Gustavo Freire
The Black Wizards
Con xa tres discos e pegada internacional, The Black Wizards chegarán ao Facela para empaparnos da súa psicodelia, fuzz e groove, de son expansivo e hipnótico. Unha das bandas de rock portuguesas das que máis se está a falar. Are you experienced? … pois non os perdas!
Xoves, 9 de maio
Club Clavicémbalo
Carabela
Chegan a Lugo co seu primeiro EP, Nó, debaixo do brazo. Veñen de Noia e chámanse Carabela. Se non vos soa o nome, ficade tranquilos: non volo sacaredes da cabeza en moito tempo. Cun proxecto onde confluén as correntes do indie pop, a electrónica e a música tradicional, esta banda barbanzá foi finalista o ano pasado nos Premios Martin Codax da Música na categoría de electrónica. Abofé que van dar que falar… palabra de Facela!
Venres, 10 de maio
Auditorio Gustavo Freire
Vente xa!