Cartel del FF8

Los Enemigos Facela Fest

Los Enemigos

Potentes guitarras para harmonías sutís: o seu último disco ata hoxe —agardemos que non o derradeiro—transita dende o power-pop até o punk rock. Los Enemigos… Los Enemigos! Pouco máis se pode dicir dunha banda que é historia viva do rock ibérico.

Micah P. Hinson Facela Fest

Micah P. Hinson

O artista de Memphis, Micah P. Hinson (americana, folk), non puido estar en Lugo o ano pasado por problemas persoais. Musicalmente, comparárono con artistas como Tom Waits ou Nick Cave, mais el di sentirse próximo a Elliott Smith ou Iron & Wine e ter medrado escoitando My Bloody Valentine ou Pixies.

Josh Rouse Facela Fest

Josh Rouse

Coa alma entre Nebraska (terra que o viu nacer) e Tennesse (terra que o adoptou), pasou a súa nenez percorrendo os EE.UU (novas cidades, novos colexios, novos amigos…), sempre coa música como fiel compañeira de viaxe. O folk-pop intimista de Josh Rouse ten a capacidade máxica de cautivar mesmo os corazóns máis cínicos e calosos.

Lisabö Facela Fest

Lisabö

Chegan co seu formato doble trío —dúas baterías, dous baixos e dúas guitarras— presentando o seu sexto disco Lorategi izoztuan hezur huts bilakatu arte. Lisabö, máis de 25 anos de post-hardcore dunha intensidade brutal que se che mete baixo a pel; con textura e intención, mais tamén cunha gran delicadeza.

Pablo Und Destruktion Facela Fest

Pablo Und Destruktion

Un artista que xa é parte da historia de Facela. Este ano chega a Lugo coincidindo co décimo aniversario de Sangrín, nunha das poucas datas de celebración deste seu mitiquísimo disco. Virá acompañado da banda coa que daquela tocaba en directo: Tribu del Trueno.

Florent y yo Facela Fest

Florent y yo

Guitarrista de Los Planetas dende hai tres décadas, Florent Muñoz chega a Lugo cun novo proxecto, Florent y yo. Vén presentando as cancións dun primero LP onde confirma todas as súas virtudes e destápase como compositor e cantante. Estréase en Galicia e escolleu o Facela Fest para adiantarnos os seus sons con ecos de Stereolab ou The Jesus and Mary Chain.  

Aiko el grupo Facela Fest

Aiko el grupo

Pop punk a toda velocidade e con rabia, mais melódico; letras intelixentes, inxeniosas, mais cunha boa dose de mala hostia. Son Aiko el grupo, unha das bandas mais divertidas que deu a música independiente estatal nos últimos anos, e que estarán en Lugo para presentaren o seu último LP: Me están apuntando con un arma.

Parade Facela Fest

Parade

Universos por imaxinar, galaxias enchidas de seres fascinantes… e unha soidade latente, ingrediente esencial da nosa humanidade. Todo iso é o que evocan os sons de Parade, o nome artístico do profesor de música murciano Antonio Galvañ. Un auténtico artesán do pop, que na súa primeira viaxe a Galicia bautizará no Facela Fest o seu último álbum —o úndécimo xa—: Mares poco profundos.

Sunfruits Facela Fest

Sunfruits

Dende Melbourne chega Sunfruits, banda que se move entre o pop psicodélico dos 60′ e o rock dos 70′. As súas letras inciden na problemática ambiental, algo que lles valeu ser galardoados co prestixioso Enviromental Music Prize 2023. Despois de varios singles e EPs chegan ao Facela Fest para presentarnos One Degree, o seu primero LP, que coma os seus festivos directos, tan boas críticas está a recibir.

Alarido Facela Fest

Alarido

«Déjame comerte el Totodile; quiero ser tu Dragonite», cantan Alarido anteriormente coñecidos como Alarido Mongólico no seu último single, «Te Elijo a Ti». Macarras e doces, grotescos e alucinados, perversos e amorosos, esta parella xa puxo Lugo a bailar na última visita ao Clavi… Mentres agardamos polo seu regreso, analiza a pregunta existencial que nos deixan: «¿Que clase de Pokémon eres tú?».

Las Tropigóticas Facela Fest

Las Tropigóticas

A metade panameña é Sol, a metade galega Natalia. Xuntas son Las Tropigóticas, dúo inspirado no cine made in Caliwood dos colombianos Carlos Mayolo e Luis Ospina: o «gótico tropical». Unha estética fantástica e vampírica con sabor a chicha morada que trasladan aos seus temas: un furacán de garaxe punk primitivo.

Beach Avenue Facela Fest

Beach Avenue

Os seus son temas inspirados polas vibracións melancólicas do grunge, a enerxía crúa do punk e a innovación sonora do nu metal. Poderían ser un grupo do Seattle dos 90′, mais Iago, Iñaki e Lois son de Lugo, non fixeron os 20 anos e uníronse en 2023. E teñen un LP, «GRiT», un directo brutal e un futuro atronador.

Auto Sacramental Facela Fest

Auto Sacramental

Auto Sacramental é o proxecto de Jorge Mills. Con influencias do synth-pop ou do postpunk e letras cheas de ironía e sátira política. Acompáñano no directo Beta e mais Pedro para crearen esa atmosfera cargada de sintes e guitarras afiadas, de ritmo frenético, onde o baile será a única posibilidade de salvación.

The Black Wizards Facela Fest 8

The Black Wizards

Con xa tres discos e pegada internacional, The Black Wizards chegarán ao Facela para empaparnos da súa psicodelia, fuzz e groove, de son expansivo e hipnótico. Unha das bandas de rock portuguesas das que máis se está a falar. Are you experienced? … pois non os perdas! 

Vente xa!

 

Facela Fest bandas